A Guarda abre o prazo para solicitar as subvencións deportivas, sociais e culturais
O Concello da Guarda abre a partir do xoves día 19 de setembro o prazo para presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.
O anuncio da apertura do procedemento publicouse no BOP do 18/09/2024.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais (ata a o 18 de outubro) para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na sede electrónica ou a continuación:
BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA SOCIAIS 2024
BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA CULTURAIS 2024
BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS 2024
BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA DEPORTIVAS 2024