Cursos de balde de informática e de smartphones para pequenos e grandes
O CeMIT da Guarda ofrece este outono cursos para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.
Para as persoas adultas, haberá ata tres cursos dispoñibles: iniciación a informática e internet, edición de textos e escritura e tamén un curso de móbiles smartphone ou tablet (aplicacións como WhatsApp…).
Para as nenas e nenos, ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, presentacións…
Os cursos son gratuítos e comezarán o martes 1 de outubro e estenderanse ata o 20 de decembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse pode ser a través do 986611850 ou no Centro Cultural. Todos os cursos impartiranse na aula CeMIT do Centro Cultural.