A Guarda acolle esta fin de semana actividades medioambientais nas praias
Esta fin de semana A Guarda acolle actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio.
Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, o sábado 8 de setembro a Praia marítima da Area Grande acollerá a primeira destas actividades en horario de 16:00h a 17:00h para concienciar aos bañistas cal é a duración real dos residuos que se verten nas nosas praias.
A segunda actividade realizarase na xornada do domingo día 9 de setembro na Praia do Muíño en horario de 16:00h a 17:00h.
Unha «palliña» das que se empregan para os refrescos pode tardar ata 200 anos en descompoñerse, por iso é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe, emprego de papeleiras e contedores, entre outros.
¡Actividade aberta a todo o público e de balde!
Tag:A Guarda, Medio ambiente, praias