(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • A Guarda acolle este domingo a celebración do Geolodía19

    A Guarda acolle este domingo a celebración do Geolodía19

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 8 Maio, 2019
    A actividade, gratuíta e guiada, celébrase este domingo día 12 de maio no Monte Santa Trega da Guarda

    Este domingo celébrase en todo o país unha nova edición do Geolodía, toda unha serie de excursións gratuítas coordinadas pola Sociedad Geológica de España, guiadas por xeólogos e xeólogas e abertas a todo tipo de público. Na provincia de Pontevedra a actividade está organizada por un equipo de docentes da Facultade de Ciencias de Mar e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, coordinados polo profesor José Bienvenido Diez, quen adianta que este ano a visita que se propón é unha ascensión ao monte Santa Trega, un itinerario no que se irán explicando diferentes aspectos xeolóxicos desta contorna. “É media hora de subida moi suave e, en principio, a previsión meteorolóxica é boa polo que agardamos que todo sexa un éxito”, indica Diez.

    Máis de 80 inscricións en apenas unhas horas

    A duración da cada unha das excursións é de arredor de dúas horas e están previstas un total de seis saídas: a primeira será ás 09.00 horas e logo haberá outra cada media hora ata a partida do último grupo, prevista para as 11.30 horas. En total ofértanse 180 prazas e o punto de encontro é o ascenso do monte Santa Tegra. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata as 14.00 horas do vindeiro xoves día 9 para anotarse. “As inscricións abríronse este mesmo luns e xa temos 82 prazas cubertas”, salienta Diez, quen admite que esta actividade conta xa cunha comunidade moi fiel de seguidores e seguidoras. “O grupo con saída prevista para as 11.00 horas xa está completo e agardamos que nestes días se cubran todos”, recalca o coordinador.

    Xunto a Diez participan nesta actividade o decano da Facultade de Ciencias do Mar, Miguel A. Nombela; a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Elena Alonso; así coma os investigadores Anxo Mena, Gonzalo Méndez, Santiago Pozo e Teresa Rivas. “Xunto a nós contamos tamén coa colaboración dun grupo amplo de alumnos e alumnas de doutoramento”, salienta Diez.

    Entre castros e granito

    Segundo explican os organizadores, o percorrido desta edición é moi accesible a calquera persoa interesada e, de cara a que poidan ver con antelación o tipo de contidos que se van tratar en cada unha das paradas, elaboraron unha pequena guía na que se explica, de xeito moi divulgativo, os principais contidos da visita. Parten da descrición do río Miño como construtor de paisaxes e, en especial, céntranse no seu tramo final, un importante estuario no que predomina a sedimentación. “Veranse os distintos tipos de estuarios en función do grao de mestura das augas fluviais coas mariñas e buscaremos tamén os motivos polos que a parte final do estuario está practicamente rechea de sedimentos”, salientan no texto da guía.

    Noutra das paradas afondarán nas principais causas dos cambios climáticos e como estes afectaron á costa galega e ás poboacións castrexas como a dos montes de Santa Trega.

    Especial protagonismo terá o granito, tanto o do monte Santa Trega coma dos montes circundantes, fonte de orixe dun recurso moi importante, o caolín, por cuxa explotación e aplicación industrial destacou este municipio. “Falaremos de como se forma o caolín a partir do granito e das condicións que deron lugar, entre o Mioceno e o Holoceno, aos xacementos de caolín da zona e, nesta liña, descubriremos as evidencias do aproveitamento destes caolíns desde o Neolítico e durante a cultura castrexa”, recalcan.

    A actividade, gratuíta e guiada, celébrase este domingo día 12 de maio no Monte Santa Trega da Guarda

    As persoas interesadas teñen de prazo para inscribirse ata as 14.00 horas do xoves día 9 de maio na web: https://geolodia.es/ediciones/geolodia-2019/pontevedra-2019/#1541067325202-05938723-1005

    Tag:A Guarda, geolodia09, Santa Trega

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    30 colectivos guardeses participan este sábado na III Mostra Asociativa
    8 Maio, 2019

    Seguinte nova

    A Guarda entrega os diplomas do curso de formación de camareiros-as en bares e restaurantes
    8 Maio, 2019

    Tamén te poden gustar

    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025
    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web