A Guarda acolle un Obradoiro de creación de filtros para redes sociais con realidade aumentada
• Social Pilgrims II é un obradoiro para a creación de filros de realidade aumentada para redes sociais
• Terá lugar o 5 de outubro ás 19:30h na Guarda
• Inscricións na Omix da Guarda no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
O Concello da Guarda acolle o vindeiro día 5 de outubro un obradoiro para a creación de filtros de realidade aumentada para redes sociais. A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
O taller levarase a cabo na Aula Municipal, na Casa dos Alonso o vindeiro día 5 de Outubro, ás 19:30 horas. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e estará impartida por monitores de Ceo Aberto Divulgación. Nestas sesións prácticas procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís. Asemade, falarase dos riscos de seguridades das redes sociais e daranse pequenas claves de como protexer os nosos contidos ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas publicacións.
Na actividade, que é de balde, poderase inscribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es