(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • A Guarda acolle un obradoiro sobre o empoderamento das mulleres

    A Guarda acolle un obradoiro sobre o empoderamento das mulleres

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 11 Outubro, 2018

    O xoves 11 de outubro tivo lugar a sesión inaugural do obradoiro do proxecto «Empoderar para decidir» levado a cabo dende a Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia ACADAR, que contou coas intervencións do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e Paula Pichel, traballadora social de ACADAR.

    Entre os meses de outubro, novembro e decembro, a Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia ACADAR desenvolverá este obradoiro, financiado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co CIM e co Departamento de Servizos sociais do Concello da Guarda.

    O proxecto “Empoderar para decidir” ten como finalidade a promoción do empoderamento das mulleres con discapacidade para facilitar a toma de decisións sobre cada un dos aspectos das súas vidas.

    Este proxecto está plantexado como unha continuación do que xa se iniciou no ano 2017, que se desenvolveu no Concello de Vigo e tivo moi boa acollida entre as asistentes.

    Por isto, o ámbito de realización do proxecto será, por unha banda, unha formación de 5 obradoiros en Vigo con mulleres xa beneficiarias do ano 2017 coa intención de manter esa cohesión do grupo e, por outra banda, unha acción de 10 obradoiros no concello de A Guarda para mulleres pertencentes a concellos do Baixo Miño.

    O proxecto vai dirixido a un total de 20 mulleres con discapacidade, entre as participantes do ano anterior e as mulleres pertencentes ao Concello de A Guarda.

    A formación proporcionará ferramentas para o empoderamento das mulleres con discapacidade durante 10 sesións de 3 horas de duración, que terán lugar de forma semanal. Estas sesións comezaron o día 11 de outubro e rematarán o día 13 de decembro.

    Os contidos que se tratarán serán relativos á igualdade de xénero, discapacidade habilidades sociais,e de comunicación. Tamén se desenvolverán accións e dinámicas relativas á autoestima, intelixencia emocional e resolución de conflitos, favorecendo a participación das mulleres e creando unha rede de apoio mutuo.

    Previamente ao inicio da formación, entre a entidade, o CIM de A Guarda e os servizos sociais do concello se estableceron reunións co fin de presentar, planificar, coordinar e difundir este proxecto entre os diferentes colectivos beneficiarios.

    Tamén durante o proceso de captación das mulleres destinatarias dos obradoiros, contactouse coas persoas de referencia dentro dos servizos públicos do concello de A Guarda e de entidades de iniciativa social da zona como son o Centro San Xerome Emiliani e a Asociación Avelaíña.

    Dende o Concello de A Guarda, a colaboración dende o principio foi fundamental, dando moi boa acollida e mostrando interese polo proxecto. Facilitouse un espazo para o desenvolvemento das sesións e colaborou coa entidade na difusión do proxecto.

    Tag:A Guarda, CIM, empoderamento, muller!, obradoiro

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Os Praceiros e Praceiras do Mercado da Guarda continúan a súa formación
    11 Outubro, 2018

    Seguinte nova

    Inauguración da XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018 na Guarda
    11 Outubro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • Suspéndese a actividade deportiva exterior pola alerta laranxa
      5 Novembro, 2025
    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      25 Setembro, 2025
    • A unidade móbil de ADOS volve esta semana á Guarda
      22 Setembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web