Os Praceiros e Praceiras do Mercado da Guarda continúan a súa formación
O pasado mércores día 10 de outubro de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, asistiron ao inicio do obradoiro para traballo en equipo «Separados menos, xuntos máis», adicado aos praceiros e praceiras do Mercado da Guarda.
Este obradoiro de formación, realízase nas instalacións de Informática San Benito, promovido e financiado polo Concello da Guarda para a profesionalización e dinamización do mercado da Praza da Praza de Abastos da Guarda, contando coa asistencia da práctica maioría dos praceiros e praceiras do municipio.
Este obradoiro se suma ás diferentes accións formativas que se realizan semanalmente coma os obradoiros de redes sociais, decoración, técnicas de venda, marketing, entre outros.
Para o alcalde da Guarda o cambio na sociedade actual esixe unha adaptación por parte dos empresarios locais, pero tamén é moi necesario o traballo en conxunto, aportando ideas para traballar na mesma liña e dinamizar este mercado local.
Antonio Lomba clarexou que é moi importante o traballo en equipo e a implicación dos praceiros e praceiras, aportando ideas para un ben común, engadindo que dende o Concello están abertos a que se lles transmitan todas as súas inquedanzas para a realización de actividades que repercutan positivamente deste espazo.
Pola súa banda Montserrat Magallanes, Concelleira de Comercio, destacou que dende o Concello se está a facer unha clara aposta pola profesionalización do Mercado da Praza de Abastos, realizando obras de adecuación e mellora das instalacións, campañas de dinamización comercial e formación para os praceiros e praceiras, que permitan dar un servizo de calidade aos clientes deste espazo comercial, con tanta importancia para a vila.
Os praceiros e praceiras xa teñen participado no obradoiro de «Decoración de Outono», impartido por Patricia Maquieira Franco, onde aprenderon técnicas para a decoración da praza e os seus postos de traballo, empregando a temática de outono, que xa se pode observar no mercado municipal, do mesmo xeito participarán noutro obradoiro para a decoración de cara a vindeira campaña de Nadal.