A Guarda acometerá obras de urbanización nun treito da Baixada a San Caetano
O Concello da Guarda acometerá nos vindeiros meses as obras da primeira fase da urbanización e mellora de servizos na Baixada a San Caetano, entre os números 2 e 12.
Durante o transcurso destas obras alternarase a execución do proxecto co uso da rúa na medida do posible para evitar o malestar entre os veciños.
Renovarase a rede de saneamento, facendo unha nova rede separada de pluviais e fecais, unha nova rede de abastecemento de auga e unha pre-instalación da rede de telecomunicación e da rede eléctrica soterrada.
Agardase que o transcurso das obras non se demore máis de 60 días dende o seu comezo.
Estas obras contan cun presuposto total de 222.839 € dos cales a primeira fase ascende a 57.867 € e será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O martes día 17 de xullo de 2018, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, mantiveron unha reunión con máis dunha vintena de veciños de San Caetano para explicarlles os pormenores deste proxecto, que se executará en tres fases, sendo esta a primeira que se vai a levar a cabo.
Tag:A Guarda, humanización, Obras, san caetano