A Guarda busca novos praceiros para o Mercado de Abastos
O Concello da Guarda vén de sacar a licitación pública a concesión demanial de varios postos do Mercado de Abastos.
En total, os postos licitados son 7: 4 deles no andar baixo e os outros tres no primeiro andar. Estas concesións terán unha duración de 25 anos e o importe do tipo mínimo do canon adecúase ao tamaño de cada posto.
Toda persoa interesada pode presentar a súa oferta ata o día 7 de febreiro de 2025. O proceso de licitación e a información sobre este atópase na Plataforma de Contratación do Estado, accesible a través do apartado “Perfil do Contratante” da páxina web do Concello da Guarda (www.aguarda.es ).
Coa explotación dos postos preténdese revitalizar a Praza de Abastos, dar un uso a un ben de dominio público, establecer unha actividade económica e abastecer á poboación de produtos para o consumo humano.