Segunda entrega dos Premios Educación A Guarda 2023/24
Na tarde de onte produciuse a segunda entrega dos Premios Educación A Guarda 2023/24. Familia e amizades quixeron acompañar ao alumnado premiado de Bacharelato e Ciclos Medios e Superiores.
O alcalde, tenente alcalde e o concelleiro de Educación, encargáronse de repartir os diplomas e un agasallo a cada un dos homenaxeados. Ademais, Charo, unha das profesoras do IES A Sangriña, tivo unhas palabaras nas que lembrou a importancia da educación para a igualdade de oportunidades e o éxito de moitos dos seus exalumnos e exalumnas.