A Guarda celebra o Día da Mobilidade este domingo cun Paseo en bicicleta
• A saída será ás 11:00h dende a Alameda da Guarda, cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos.
O Concello da Guarda, en colaboración co Club Ciclista Guardés, organiza este domingo, día 18 de setembro, un Paseo en Bicicleta polo casco urbano da vila para festexar deste xeito o Día da Mobilidade.
Cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos, o Paseo en bicicleta sairá ás 11:00h dende a Alameda da Guarda e contará cun avituallamento, pequeno agasallo para os participantes e un sorteo ao final do percorrido. Al longo deste percorrido pasarase polas praias de Fedorento, Cangrexal, Carreiro e Area Grande, praias que se atopan moi preto do casco urbano e ás que é moi doado e cómodo achegarse a pé ou en bicicleta.
As inscricións están xa abertas a través dun formulario online: https://forms.gle/U3EZHvPkoagKUv7s5 ata o sábado 17 de setembro. Inscricións tamén no 986610000 de 8:00h a 15:00h
En palabras de Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes e de Medio Ambiente, un dos obxectivos do equipo de goberno municipal é o de mellorar a mobilidade e accesibilidade da vila da Guarda, favorecendo ademais a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable.
Esta actividade enmarcase dentro da Semana Europea da Mobilidade, e con ela dende o Concello da Guarda se pretende sensibilizar sobre a conveniencia e os beneficios que para a saúde ten realizar actividades a pé ou en bicicleta.