A Guarda contrata a 30 traballadores a través da subvención da Deputación de Pontevedra
A principios do mes de novembro comezaron a traballar no Concello da Guarda un total de 28 traballadores desempregados en categoría de peóns a través do II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais da Deputación de Pontevedra.
Estes contratos, que serán de 35 horas semanais, terán unha duración de dous meses e percibirán o salario mínimo interprofesional. A dotación total é de 58.390 euros, destinados ao pago de salarios e de Seguridade Social.
Postos solicitados
A Guarda solicitou 30 traballadores entre os que se diferencian 8 peóns de construción, 3 operarios de vehículos de limpeza de vías, 2 condutores de camión, 9 varredores, 6 peóns forestais e dous operarios do Punto Limpo.
Están pendentes de cubrir unha praza de peón forestal e un operario do punto limpo mais xa está solicitada ao INEM a ampliación da lista.