A Guarda galardoada no certame de vilas en flor
Hoxe, mércores 4 de novembro ás 12.00h o Concello da Guarda foi convocado para participar no acto de entrega dos galardóns do programa Vilas en flor. Este ano, debido á situación epidemiolóxica que estamos a atravesar, a entrega dos recoñecementos fíxose de xeito telemático.
Neste acto participaron a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Director do Instituto de Estudos do Territorio e Vivenda, e a Directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, así como AGAEXAR e ASVINOR.
A tenente de alcalde Montse Magallanes e a mestra composteira participaron no acto de entrega, onde o Concello da Guarda foi galardoado con dúas flores das catro ás que optaba.
A dirección do programa adicou unhas breves palabras de recoñecemento ao noso concello pola súa boa xestión dos espazos verdes destacando a labor realizada no Castelo de Santa Cruz.