A Guarda Hockey Liña participará no torneo de San Froilán en Lugo
Un ano máis o equipo A Guarda Hockey Liña participará no Torneo das Festas de San Froilán de Lugo. O torneo organizado por “Lóstregos” contará, esta edición, con equipos chegados dende Arande de Duero, Medina del Campo, Vitoria, Madrid, A Guarda e A Coruña, ademais de dous equipos locais lucenses.
O equipo guardés inscribiuse co nome de “Galifornia” e acudirá a cita con un equipo mixto composto por rapaces e rapazas de diferentes idades e reforzado coa presenza de dous xogadores do clube vigués “Vigo BlueRinged”.