A Guarda inaugura a exposición ‘Os muíños do Folón e do Picón’
A Casa dos Alonso acollerá desde este venres 25 a exposición “Os muíños do Picón e do Folón, a través da pintura no Camiño Portugués”.
Esta exposición recolle a interpretación de diferentes autores desta paisaxe única en Galicia pola concentración de muíños nos montes do veciño Rosal.
Estes muíños, datados no século XVII, foron o tema de inspiración para moitos artistas plásticos de Galicia e do resto da península, para realizar unha exposición itinerante desde Lisboa a Santiago de Compostela, por salas, espazos e museos, seguindo o Camiño Portugués pola Costa.
Co Camiño en mente, a exposición inaugúrase na Guarda, primeiro punto do Camiño Portugués pola Costa, unha vez se deixa atrás Portugal. Desde este venres 25 e ata o día 13 de maio poden visitarse estas obras na Casa dos Alonso no horario do Concello.
Algúns dos artistas expostos son: Antonio Abad, Verónica Alcácer, Camilo Caamaño, Marieta Quesada, Manuel Cerviño, Carlos Padín o Conchi Cuadrado. O comisario encargado é Manuel Estévez.