A Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023
- Ata o 9 de febreiro se poden enviar candidaturas ás diferentes categorías ao mail informacion@aguarda.es
A Concellería de Deportes do Concello da Guarda, retoma neste ano 2023 a celebración da que será a XIV edición da Gala do Deporte guardés. Para poder recompilar a maior información posible e contar coa participación das entidades e clubes do municipio solicítase que, dende os diferentes clubes, entidades e deportistas individuais se remitan as posibles persoas candidatas ao premio ( poden tamén ser equipos ), xunto aos seus respectivos méritos deportivos acadados no ano 2022.
As categorías premiadas no evento son xeralmente as seguintes: recoñecementos mellores deportistas do ano (masculino e feminino), recoñecemento á traxectoria deportiva, recoñecemento á mellor iniciativa deportiva, recoñecemento mellores equipos, recoñecemento á promoción e dedicación deportiva, etc.
Con todos os datos aportados, a comisión de valoración elaborará a listaxe de candidaturas aos galardóns deste ano.
O prazo para enviar esta información será ata o 9 de febreiro e os datos serán remitidos ao mail informacion@aguarda.es
Se algunha persoa con domicilio na localidade quere aportar algunha suxerencia ou proposta deberá enviala ao mail informacion@aguarda.es
Somentes serán valoradas aquelas que conten co máximo de información e ben fundamentadas e verificadas. O prazo será o mesmo que para os clubes, o 9 de febreiro.
Tag:A Guarda, Deporte, gala do deporte