(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente

    A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 6 Maio, 2021

    • O Ciclo “Sostendo o futuro” e as actividades entorno á figura de Xela Arias centran a programación deste mes con proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
    • A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

    O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, veñen de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
    A programación arranca este sábado día 8 de Maio coa proxección do filme “O que Arde” ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda. Un filme dirixido por Óliver Laxe que transcorre en zonas rurais de Galicia e que amosa o problema da desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios forestais. Esta proxección enmárcase dentro do ciclo de actividades medioambientais “Sostendo o Futuro”.
    O sábado 15 de maio continúa a programación de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado. O prazo para a reserva de entradas abrirase o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es
    Xa para a seguinte semana concéntranse actividades dirixidas a todo tipo de público, como son a Charla- debate sobre a ALARGASCENCIA para o venres 21 de maio que, dentro do ciclo “Sostendo o Futuro”, busca a reflexión sobre os nosos hábitos de consumo efímeros.
    O Conto dos Ratos de Lonxedetodo dirixido aos mais pequenos da casa dentro das actividades da Biblioteca Municipal para a mañá do 22 de maio no Salón de Actos do Centro Cultural. E xa o 22 de maio a tarde chegará o momento de homenaxear a Xela Arias cunha lectura de poemas pública na Praza do Reló ás 19:00h. que contará coa participación do IES A Sangriña e a colaboración da Agrupación Cultural Guardesa. Esta lectura de poemas non será o único evento adicado a Xela Arias – poeta homenaxeada neste 2021 e que foi mestra no noso instituto- xa que para a última fin de semana do mes, terá lugar no Centro Cultural un singular espectáculo creado para este ano por Fernando Abreu baixo o nome “Vencerse é cousa de se tratar” e que ten a súa orixe nun recital que o propio Abreu e Xela estaban a preparar no momento do seu pasamento. O espectáculo recupera as voces da poeta que quedaron rexistradas dentro dos traballos de preparación daquela e agora toman forma ao tempo que fotografías e versos da súa obra son proxectados na pantalla, acompañados instrumentalmente por Fernando Abreu e Pablo Carrera, así como Mónica de Nut lendo os poemas de Intempériome.
    A exposición de poemas en variados formatos completan esta programación tendo dunha banda a exposición de poemas de Xela nos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” e a segunda edición do Tendal de Poemas, que este ano colonizará os lavadoiros da localidade da man dos centros educativos da vila.
    Ademais, paralelamente a todas estas actividades, mantense ata o 22 de maio a Ruta do Libro, que obsequia a todos aqueles que consuman libros na nosa localidade cunha bonita bolsiña de tela para poder transportalos.
    Como xa ven sendo habitual tódalas actividades requiren de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es, abríndose o prazo de inscrición unha semana previa ao evento en si.
    Os comercios que queiran acoller os poemas de Xela Arias no seu escaparate poden anotarse no mail cultura@aguarda.es ata o 18 de maio.

    PROGRAMACIÓN MAIO 2021

    SÁBADO 8 MAIO,
    19:30H. CENTRO CULTURAL
    Filme “O que Arde”
    Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

    SÁBADO 15 MAIO
    20:00H. CENTRO CULTURAL
    Teatro “32m2”

    VENRES 21 MAIO
    20:00H. CENTRO CULTURAL
    Charla sobre Alargascencia, a cargo de Amigos da Terra
    Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

    SÁBADO 22 MAIO
    12:00H. Centro Cultural
    Contos dos Ratos de Lonxedetodo
    19:00H. PRAZA DO RELÓ
    Homenaxe a Xela Arias “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, con lectura de poemas.

    SÁBADO 29 MAIO
    19:00H. CENTRO CULTURAL
    Vencerse é cousa de se tratar.
    Recital-performance inconcluso por Xela Arias basado no libro Intempériome

    Ademais:
    • Tendais de poemas nos lavadoiros da vila a cargo dos colexios da Guarda

    • Ruta literaria polos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” (do 18 de maio ao 18 de xuño).
    • Tódalas actividades precisan reserva previa de entradas en centrocultural@aguarda.es indicando: nome completo dos asistentes, teléfono de contacto, idade no caso dos menores de idade e se forman unidade de convivencia.

    Tag:A Guarda, cultura, eventos, maio 2021, programación

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Convocatoria de Pleno Extraordinario o 6 de maio
    6 Maio, 2021

    Seguinte nova

    A Guarda avanza no seu Plan de Compostaxe Municipal
    6 Maio, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda pon en valor o patrimonio etnográfico e paisaxístico do Baixo Miño
      6 Maio, 2025
    • A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      2 Maio, 2025
    • A Guarda pecha o ciclo de teatro aficionado con “Onde andará?”
      22 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web