A Guarda prepara o Gran Día da Maxia
O sábado 4 de xaneiro A Guarda será invadida pola maxia durante todo o día na praza Avelino Vicente.
Pola mañá, os propios nenos e nenas da Guarda serán os responsables da maxia. O mago Samuel Moreno ofrecerá un obradoiro para a rapazada desde as 11:30 ata as 13:00 horas. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente no seguinte formulario: https://forms.gle/pq9p23gqt18KZ6X78 (idade recomendada: 6 anos).
Xa pola tarde, celebrarase unha gala de maxia a cargo dos magos, Roberto Lolo, Samuel Moreno e Sara Rodríguez ás 17:30 horas.