A Guarda promove a conciliación cun novo campamento para este verán
O Concello da Guarda organiza para este verán un novo campamento urbano co obxectivo de axudar á conciliación ás familias.
O campamento celebrarase nos meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas da Guarda de entre 4 (nados no 2022) e 12 anos. En total ofértanse 60 prazas para as crianzas empadroadas na Guarda e que cumpran os requisitos das bases.
Durante as mañás de verán os participantes desfrutarán de xogos, obradoiros, deporte, natureza…Este campamento caracterízase por adaptarse ás necesidades das familias traballadoras, xa que o horario de 9h a 14h pode estenderse de 8h a 15h e ademais, pode solicitarse só un dos meses de verán ou ambos.
O prezo do campamento será de 100€ por dous meses, mentres que se só se opta por un mes, o prezo será de 80€. O prazo de solicitude abrirase o venres 8 de maio e pecharase o venres 22 de maio e pode presentarse a través da sede electrónica ou de xeito presencial no rexistro (1ª planta do Concello). Para facer a inscrición, condicións e saber a documentación a presentar, consulta as bases.
Este campamento únese a outros de conciliación que organiza o Concello da Guarda como o Conciliaguarda que se celebra en Semana Santa e Nadal de xeito totalmente gratuíto para 30 familias guardesas. Esta actividade conta co financiamento da Consellería de Política Social e do Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables
Bases:DECRETO 2026 0606 [Resolución Alcaldía Proposta Bases Campamento Urbano Verán]
Inscrición individual: SOLICITUDE INDIVIDUAL CAMPAMENTO VERÁN
Inscrición irmáns:.SOLICITUDE MÚLTIPLE CAMPAMENTO VERÁN



