(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda proxecta de balde películas finalistas dos Mestre Mateo

    A Guarda proxecta de balde películas finalistas dos Mestre Mateo

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, | Novas Destacadas
    • Date 15 Maio, 2025
    • O ciclo arranca o xoves 22 coa película “Honeymoon” e contará co coloquio do seu director, Enrique Otero

    Durante tres semanas desfrutaremos de cine “feito en Galicia” no Centro Cultural da Guarda, cunha escolma de gran calidade, pois estas obras contan con varios nomeamentos nos Premios Mestre Mateo.

    “É unha oportunidade para desfrutar de cine de calidade, pois conta co respaldo dos Mestre Mateo, e sen recorrer a plataformas de pago ou a longos traxectos ata as salas de cine”, sinala o alcalde da Guarda.

    A idea do presente ciclo é amosar unha escolma dos títulos mais recentes no audiovisual galego, un sector en auxe, que cada vez defende maiores propostas de calidade e abrindo as súas producións a temáticas do mais diversas.

    O ciclo comezará o xoves 22 de maio ás 20:30h., coa película “Honeymoon”, un thriller protagonizado por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez, matrimonio en destrución, a quen xa non lles une nada, ata que unha circunstancia inesperada lles leva a emprender unha viaxe, tanto a nivel xeográfica e emocional, co fin de conseguir os cartos para remediar unha situación que lles cambiou a vida.

    A segunda entrega do ciclo será o venres 30 de maio, co documental “Filmei paxaros voando”, que ademais do premio Mestre Mateo a Mellor documental, recibiu no 2024 a mención especial do xurado en L’Alternativa Festival 2024 de Barcelona, onde foi estreado. O documental conta unha historia de regreso ao fogar (Galicia), tras vinte anos de vida na cidade (Barcelona). É unha historia de reconexión familiar, de reconciliación coa figura materna, pero tamén de descubrimento, onde se mestura a recuperación da memoria familiar coa da memoria histórica dos anos 70-80.

    Por último, o ciclo pecharase coa longametraxe “As Neves” o venres 6 de xuño. Un filme revelación o pasado 2024 pola temática xuvenil abordada: a noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a nova de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é mais urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

    Todas as películas proxectaranse no Salón de Actos do Centro Cultural en horario de 20:30h., en versión orixinal.

    Esta programación conta co financiamento do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Renovado o firme do Camiño Ceña Vella polos fondos da Xunta coa UE
    15 Maio, 2025

    Seguinte nova

    Unha obra de teatro trae á Guarda unha historia de mulleres e emigración galega
    16 Maio, 2025

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 Xuño, 2025
    • A foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda
      19 Xuño, 2025
    • Música e espectáculos para desfrutar a Festa da Langosta en familia
      18 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web