Renovado o firme do Camiño Ceña Vella polos fondos da Xunta coa UE
O Camiño Ceña Vella (A Gándara) sufriu unha reforma e mellora no firme para mellorar a seguridade de vehículos e viandantes, así como dar un mellor acceso ás parcelas do camiño. Esta obra realizouse grazas á subvención concedida do Plan de Mellora de Camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, que ascendeu a 40.037,75€, o que cubriu gran parte do orzamento da obra de 47.665,23€.