A Guarda realiza melloras no parque infantil do Porto
• O Alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras realizaron unha visita esta mañá para revisar o estado das tarefas, que aínda están por rematar
Na mañá deste mércores día 17 de marzo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, visitaron a zona portuaria para revisar o estado das tarefas de adecentamento e mellora do Parque Infantil.
No parque infantil do Porto da Guarda se están levando a cabo diversas tarefas coma a reposición e pintado da pérgola de madeira, reposición de area na zona de elementos de xogo, así coma o pintado e revisión destes elementos.
Estas tarefas, que aínda están sen concluír, inclúen tamén a posta en funcionamento da fonte de auga sita neste espazo de lecer e ocio infantil.
O Concello da Guarda continúa a embelecer e mellorar diferentes espazos públicos do municipio.
Tag:A Guarda, mellora, Obras, Parque infantil, porto