A Guarda realiza o sorteo de premios da Ruta «Petiscos con Arte»
A pasada fin de semana finalizaba a Ruta Gastronómica «Petiscos con Arte», un evento que conxugou a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos, chegando a servirse máis de 2000 petiscos entre os 12 establecementos participantes.
A variedade gastronómica ofertada foi un «pulo» extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría, contando con petiscos moi variados ao igual que as exposicións, con fotografías, pinturas, esculturas e ilustracións.
A segunda edición da Ruta Petiscos con Arte contou con veciños da Guarda e dos arredores que gozaron dos petiscos e das exposicións que cada local ofreceu durante as dúas fins de semana que durou a ruta. Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta a pesar do mal tempo da última fin de semana.
Para premiar aos participantes que gozaron da ruta, organizouse un sorteo de 5 lotes de viño Albariño da Adega Gran Novás, da D.O. do Rosal. Este xoves día 29 de novembro tivo lugar o sorteo entre todos aqueles que depositaron nas urnas as participacións resultando agraciados/as:
1. Karen Stewart (depositado no Perro Verde)
2. Luis (depositado na Cafetería Marbella)
3. Patricia Lira (depositado no Terra Verde)
4. Dennis A. (depositado no Restaurante Xantar)
5. Patricia Rodríguez (depositado no Cangrexal)
Como peche a este ruta gastronómica haberá un pequeno acto de entrega de premios o vindeiro martes 4 de decembro ás 12.00h, onde se fará a entrega dos lotes de vino aos premiados coa presenza do alcalde e a concelleira de turismo.
Tag:A Guarda, arte, gastronomía, Petiscos con arte