Charla e presentación dun libro este venres no Centro Cultural da Guarda
Este venres día 30 de novembro ás 19:30h o Centro Cultural da Guarda acollerá a charla unha interesante charla sobre “O toque pechado na gaita en Pontevedra”, a cargo do gaiteiro, músico e artista Oscar Ibáñez.
Despois desta charla o Mestre de Percusión Andrés Vilán, presentará o seu libro “Método de Tambor Galego”.
Estas actividades complementan a Exposición de Pintura “Músicas da Terra” do artista pontevedrés Álvaro Novegil “Alvarellos” que se atopa na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de decembro en horario de Luns a Venres de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h e os Sábados de 10:00h a 13:00h.