A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda 4 de decembro
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro martes día 4 de decembro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural o venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00 horas
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
• Non esquezas traer o seu DNI.
• Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas
• Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.
Tag:A Guarda, doa sangue