A Guarda súmase, un ano máis, á Hora do Planeta
Este sábado de 20,30 a 21,30 horas se apagará a iluminación da Praza do Reló. Esta é a maior campaña de mobilización ambiental da historia.
A vila da Guarda súmase, un ano máis, á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e mostrar un compromiso coa defensa do medio ambiente.
Este ano celébrase baixo o lema “Apaga la luz y cambia por el clima”, polo que este sábado, 19 de marzo, en horario de 20,30 a 21,30 horas, se apagará de forma simbólica a iluminación da Praza do Reló, onde se atopa a Casa do Concello.
Dende o Concello da Guarda queren convidar a todos os veciños e veciñas da vila a sumarse a esta campaña e apagar as luces dos seus fogares no mesmo horario.
O ano pasado participaron nesta iniciativa máis de 300 cidades de España, entre as que tamén estivo A Guarda. En total, fíxose en 172 países a nivel mundial.
Dez anos despois de que se fixera por primeira vez, esta iniciativa converteuse na maior campaña de mobilización ambiental da historia. Esta acción pide á implicación comprometida de todos fronte o cambio climático.