A lectura de auga pode presentarse no Rexistro ou na Sede electrónica
Durante estes días estase a pasar polos domicilios para a lectura do contador de auga. No caso de que durante o seu paso, non se estea na casa, estes deixarán un aviso de que non puideron realizar a lectura.
Para presentala, só hai que levar apuntada a lectura do contador e o número de abonado e rexistrala no Rexistro do Concello de xeito presencial ou na sede electrónica como unha instancia xeral.
O número de abonado pode consultarse na última factura e comeza habitualmente polo código 2325.
Este trámite pode realizarse durante todo o mes de abril. De non presentarse ningunha lectura nese prazo, farase unha estimación do gasto.