Catro alumnas do IES A Sangriña gañan o certame audiovisual #PeopleOfTheFuture
Esta mañá, o alcalde, Roberto Carrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Óscar Alonso, achegáronse ao IES A Sangriña para facer entrega do premio da IIª edición do Certame Audiovisual #PeopleOfTheFuture.
As gañadoras foron catro alumnas de 1º de Bacharelato: Laura Rodríguez, Cayetana Berrecoso, Yurena Martín e Alejandra Iliesa. Este grupo de rapazas son as autoras do vídeo “Consciencia do uso de recursos naturais”, que resultou o gañador entre máis de 50 propostas.
No vídeo, fan fincapé na importancia dos pequenos xestos para axudar ao medio ambiente ante a escaseza de recursos. Como premio, todas recibiron unha experiencia a cabalo e unha bolsa cun lote de produtos.