(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • A Mesa Local de Comercio da Guarda reúnese en sesión extraordinaria e cunha orde do día centrada nas medidas tomadas polo Concello para o sector

    A Mesa Local de Comercio da Guarda reúnese en sesión extraordinaria e cunha orde do día centrada nas medidas tomadas polo Concello para o sector

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, Xerais
    • Date 15 Maio, 2020

    O xoves 14 de maio tivo lugar unha sesión extraordinaria da Mesa Local de Comercio, na que ademais do Alcalde e as Concelleiras de Facenda e Desenvolvemento Local, participaron os/as representantes das catro asociacións vinculadas a este sector, a Asociación de Consumidores Aldraman, así como os/as portavoces do resto de grupos políticos.

    Durante esta sesión deuse conta de todas as medidas económicas e de dinamización comercial adoptadas polo Concello desde o inicio da pandemia ata agora, e entre as que se inclúen retrasos ou exoneración de taxas municipais para negocios, aceleración de pagos a provedores/as, difusión durante o confinamento dos establecementos comerciais con servizo de entrega a domicilio e dos establecementos de hostalaría abertos durante a desescalada, ou campañas de sensibilización para o consumo local, entre outras.

    Unha das medidas que máis curiosidade provocou nos/as asistentes foi a da creación do “market place” da Guarda no que calquera comercio, praceiro/a, restaurante ou autónomo/a do sector primario, poderá vender os seus produtos online, tanto a nivel local, como no resto de España e Portugal.

    O Alcalde Antonio Lomba aproveitou o punto número dous da orde do día para facer unha mención especial e expresar o seu agradecemento a todas as empresas que, desde o primeiro momento, achegaron a súa colaboración desinteresada doando todo tipo de material de protección ou elaborando mascarillas de tea.

    Pola súa parte, o Concello puxo a disposición da cidadanía aquel material do que se ía dispoñendo ou se fabricaba en cada momento, dada a dificultade que tiveron tanto empresas como particulares durante o confinamento para conseguir mascarillas, luvas, xel ou pantallas.

    Por último abordouse o punto máis importante da sesión: a intención por parte do Concello de elaborar un plan de dinamización económica axustado ás nosas particularidades, e para o que se contratará unha empresa consultora con experiencia no asesoramento a entidades locais e no deseño deste tipo de medidas.

    Neste momento estanse valorando as ofertas e propostas de tres empresas que ofrecen este tipo de servizos e a mediados da semana que ven tomarase a decisión de cal se considera a máis axeitada para levar a cabo esta importante misión.

    A Concelleira de Desenvolvemento Local Fátima Rodríguez destacou que a única vía para saír adiante será traballar unidas e unidos, e asegura que desde o equipo de goberno existe o firme compromiso de que cada evento, actividade e iniciativa teñan como principal obxectivo a reactivación, e polo tanto acaben revertendo economicamente nos negocios locais.

    Tamén neste punto a Concelleira de Facenda Montserrat Magallanes destacou que se traballará neste plan de xeito colaborativo tanto co comercio, a hostalaría ou o turismo, pero sen esquecer a outro tipo de empresas da localidade como poderían ser aquelas do sector da pesca, e que resultan vitais para o pobo.

    Para rematar a sesión abriuse unha rolda de preguntas na que o Alcalde a as dúas edís responderon a todas aquelas cuestións relacionadas cos temas abordados durante a mañá, e o Alcalde finalizou cunha metáfora a modo de reflexión defendendo que o Concello non ten a obriga de dar o pan feito ás empresas, pero facilitará os ingredientes e a maquinaria para que elas sexan quen de elaboralo por si mesmas.

    Tag:A Guarda, Comercio, desenvolvemento local, economia, medidas, mesalocal de comercio

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Aberto o prazo para reserva de prazas no Conservatorio Municipal de Música da Guarda
    15 Maio, 2020

    Seguinte nova

    Video homenaxe Letras Galegas 2020 na Guarda
    17 Maio, 2020

    Tamén te poden gustar

    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025
    • O alcalde da Guarda solicita unha dragaxe urxente do río Miño e favorecer á súa recuperación
      27 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web