A Policía Local da Guarda únese a campaña especial sobre o Cinturón de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico
Os axentes locais levarán a cabo esta campaña nas rúas guardesas dende o luns 14 de marzo ata o domingo 20, ambos inclusive.
A Policía Local da Guarda únese a “Campaña Especial sobre o Cinturón de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil (SRI) impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico e o Ministerio do Interior.
Os axentes locais levarán a cabo esta campaña nas rúas guardesas dende o luns 14 de marzo ata o domingo 20, ambos inclusive.
Ambos sistemas de seguridade son os máis sinxelos, rendibles e eficaces. Estudos afirman que reduce á metade o risco de morte en caso de accidente.
Vixiar é un dos métodos máis efectivos para incrementar e concienciar do seu uso por iso se levan a cabo campañas especiais como a que se levará a cabo na próxima semana.