(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Medio ambiente

    • Inicio
    • Medio ambiente
    • A praia do Muíño acolle este sábado unha actividade medioambiental enmarcada no “Proxecto Libera” da Deputación de Pontevedra

    A praia do Muíño acolle este sábado unha actividade medioambiental enmarcada no “Proxecto Libera” da Deputación de Pontevedra

    • Publicado por prensa
    • Categorías Medio ambiente
    • Date 7 Xuño, 2022
    A praia do Muíño acolle este sábado unha actividade medioambiental enmarcada no “Proxecto Libera” da Deputación de Pontevedra

    • Nesta actividade poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor

    Dende o Concello da Guarda anímase á poboación guardesa a participar nesta actividade na que se recollerán residuos na Praia do Muíño, organizada pola Deputación de Pontevedra xunto con SEO/BirdLife este vindeiro sábado día 11 de xuño na praia do Muiño as 10:00h da mañá e que terá unha duración aproximada dunhas 2 horas.

    Nesta actividade poderán participar ata 20 persoas, acompañadas en todo momento por un monitor e para participar deberán cumprimentar o formulario web habilitado( é importante para poder facerlle un seguro por se houbese un accidente) na páxina da Deputación de Pontevedra.

    O proxecto “Libera” nace como unha iniciativa de SEO/BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha no ano 2017 “Libera” mobilizou máis de 90.000 persoas e colaborou con máis de 1.500 organizacións e colectivos, e converteuse nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou “1 m2 pola natureza”, para mobilizar a todas as heroínas e heroes de “Libera”.

    “1 m2 pola natureza” engloba varias campañas anuais convocadas por “Libera” a nivel nacional, que teñen por obxectivo que todas as asociacións, heroínas, heroes, entidades, empresas e, en definitiva, todas as persoas concienciadas que queiran poidan unirse e tecer unha gran rede de colaboración para loitar unidas e unidos contra a basuraleza en centos de espazos naturais de toda España.

    O obxectivo é liberar basuraleza destes espazos, pero tamén caracterizala mediante a aplicación dunha metodoloxía estandarizada e coa axuda de ferramentas de ciencia cidadá (aplicacións). A través delas pódese recompilar o maior número de datos posibles, rexistrados no “barómetro da basuraleza”. Esta información incorpórase ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para coñecer a cantidade, o volume e o tipo de lixo recollido nestas zonas.

    Localización da actividade: https://goo.gl/maps/YvKE8jeFdXwsUCUk8
    Inscricións: https://www.depo.gal/es/-/proxecto-libera

    Tag:A Guarda, Medio ambiente, Praia do Muíño, proxecto libera

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Piscina Municipal da Guarda estará pechada no mes de xullo
    7 Xuño, 2022

    Seguinte nova

    A Guarda pecha o Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro” cun contacontos na praia do Muíño
    8 Xuño, 2022

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda ofrece un obradoiro para aproveitar os ingredientes da horta ao máximo
      26 Xuño, 2025
    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 Xuño, 2025
    • AVISO: Non se recollerá o contedor de papel ata o luns
      18 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web