A sesión de ioga solidaria recada máis de 300€ para o programa ‘Vacacións en paz’
A Guarda celebrou este domingo pola mañá unha xornada de ioga solidario a favor da ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) para o programa de acollida de nenos e nenas de “Vacacións en paz”.
Persoas de diferentes idades e familias participaron xuntas nesta sesión de ioga do Centro Awen que logrou acadar a impresionante cifra de 306€ en doazóns para a esta causa solidaria.
Ademais, contaron co acompañamento musical de José Stewart e incluso cun sorteo entre os participantes.