A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 25 e sábado 26 de setembro
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 25 e sábado día 26 de setembro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 25 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 26 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.
- Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
- Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
- Informe ao médico se está a tomar algún medicamento
Tag:A Guarda, ADOS, doa sangue, unidade móbil