A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 5 de 10:00h ás 15:00h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Tag:A Guarda, ADOS, doazons de sangue, sangue, unidade móbil