A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o xoves 5 e sábado 7 de xaneiro
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o xoves 5 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 7 de 10:15h ás 14:30h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Tag:A Guarda, ADOS, doazons de sangue