(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Medio ambiente

    • Inicio
    • Medio ambiente
    • A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda colaboran para realizar un proxecto pioneiro de sensibilización sobre grandes incendios forestais

    A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda colaboran para realizar un proxecto pioneiro de sensibilización sobre grandes incendios forestais

    • Publicado por prensa
    • Categorías Medio ambiente
    • Date 7 Decembro, 2022
    A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda colaboran para realizar un proxecto pioneiro de sensibilización sobre grandes incendios forestais

    A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda unen as súas forzas para poñer en marcha FIREPOCTEP, un proxecto de sensibilización e divulgación sobre grandes incencios forestais (GIF), coa realización de tres accións formativas: Fotovoz, Biblioteca Humana e a Feira do Gran Incendio Forestal. Este proxecto europeo, promovido pola Universidade de Vigo para reforzar os sistemas transfronteirizos de prevención e extinción de incendios forestais e mellorar os recursos para a xeración de emprego rural post-Covid-19, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

     

    A primeira das accións formativas será “Fotovoz. Historia de vida dun Gran Incendio Forestal”, unha exposición participativa sobre incendios forestais na contorna de A Guarda. A inauguración terá lugar o martes 13 de decembro ás 11.00 horas na entrada do edificio do Concello da Guarda e poderase visitar ata o 14 de decembro. O obxectivo desta exposición é plasmar unha realidade comunitaria a través da fotografía e dos relatos das persoas que viviron incendios forestais.

     

    A segunda das accións de sensibilización realizarase ese mismo día de 17.00 a 19.30 horas na Biblioteca de A Guarda. A actividade “Biblioteca humana. Testimonios dun gran incendio forestal” pretende crear un espazo no que persoas vencelladas a grandes incendios forestais relaten as súas vivencias, como se fosen libros vivos, e o público asistente faga preguntas, buscando o establecemento dun diálogo participativo.

     

    Ao día seguinte, celebrarase a terceira actividade no CEIP Manuel Rodríguez Sinde. O mércores 14 de decembro de 09.00 a 11.00 horas será a “Feira do Gran Incendio Forestal”. O obxectivo é achegar á comunidade educativa e, en concreto ao profesorado e ao alumnado do CEIP, testimonios e materiais para concienciar sobre os lumes e os seus efectos no territorio. O encontro terá tres escenarios diferentes: o rincón do libro (con libros infantís e xuvenís sobre incendios forestais), o rincón do vídeo (con materiais audiovisuais) e o rincón da experiencia (co testimonio de persoas de A Guarda vencelladas aos equipos de extinción de incendios).

     

    O proxecto, que está coordinado por Juan Picos, coa coordinación da acción de María Isabel Doval, ámbolos dous da Universidade de Vigo, pretende xerar un espazo de diálogo sobre os grandes incendios forestais co que se poderá chegar a conclusións importantes para o territorio. Algunhas destas reflexións xirarán ao redor da importancia de manter a vida nos ámbitos rurais como loita contra o cambio climático e, ao mesmo tempo, contra os incendios forestais.

    Tag:A Guarda, accións formativas, Exposición, FIREPOCTEP, incendios forestais

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Inscricións abertas para a proba de obstáculos “A Guarda Family Kids”
    7 Decembro, 2022

    Seguinte nova

    A Deputación lanza a nova edición de Depotermal, que ofrecerá 3.500 prazas no vindeiro 2023
    7 Decembro, 2022

    Tamén te poden gustar

    • O V Ciclo Sostendo o Futuro chega a súa fin cun obradoiro de adornos de Nadal
      7 Novembro, 2025
    • A Guarda avanza o seu compromiso verde cun camión de recollida eléctrico
      6 Novembro, 2025
    • O Concello conta con biotrituradoras para o préstamo e estruturante
      6 Novembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web