A Xunta entrega ao Concello da Guarda a obra finalizada de recuperación medioambiental do vertedoiro de entullos do Monte Torroso
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Medioambiente, Paulino Rodríguez, visitaron esta zona rehabilitada, que é propiedade da Comunicade de Montes de Salcidos.
A Xunta de Galicia fixo entrega ao Concello da Guarda a obra finalizada de adecuación e clausura do vertedoiro de entullos do Monte Torroso. Esta actuación fíxose ao abeiro do establecido na orde que regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito de Galicia.
Con este xesto, e despois de varios meses de traballos, dáse por finalizada esta actuación que contemplaba a recuperación medioambiental do vertedoiro e a adecuación á normativa a este espazo.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Medioambiente, Paulino Rodríguez, visitaron esta zona rehabilitada, que é propiedade da Comunidade de Montes de A Guarda.