Abertas as inscricións da 15k do Atlántico Banco Mediolanum
O día 29 de setembro regresa a 15K do Atlántico Banco Mediolanum, que sairá de Oia para chegar ao porto da Guarda. O evento deportivo terá un carácter solidario coa Asociación Cancro de Páncreas para dar visibilidade á última vontade de Dani (Un Sorriso que Ilumine ou Mundo).
A proba contará cos tradicionais 15K, ademais dunha Mini 15K de 7,5 quilómetros para os máis rápidos e populares. Tamén se celebrará unha andaina de 12Km para todos os públicos. Os participantes poderán gozar dun percorrido que transcorre polo Camiño Portugués da Costa, á beira do Océano Atlántico.
Todos os participantes da 15K e Mini 15K recibirán unha camiseta conmemorativa desta edición da proba, pero ademais, co fin de aumentar as doazóns a favor da Asociación Cancro de Páncreas, abriuse a posibilidade de adquirir a camiseta da 15K do Atlántico por un prezo de 15 euros. Todo o diñeiro que se recade será destinado á investigación contra o cancro de páncreas.
As inscricións atópanse xa dispoñibles a prezo reducido ata o 16 de xullo na web da proba (https://bancomediolanum15kseries.com/), onde tamén está dispoñible a Fila 0 e a compra da camiseta.