O Concello da Guarda sofre un hackeo en Instagram
O Concello da Guarda quere informar de que a súa conta de Instagram sufriu este mediodía un hackeo, e polo tanto, o usuario @concellodaguarda non aparece nesta aplicación.
Tanto se se recupera a conta coma se se crea unha nova, será comunicado tamén a través dos medios de comunicación locais. Polo momento, a cidadanía pódese informar a través da web do Concello ou na conta de Facebook, onde si continúa a información, aínda que non haberá máis actualizacións ata volver a coordinar as dúas redes sociais.
Perdón polos inconvintes que poida supoñer e agardamos pronto volver á actividade habitual.