Últimas prazas dispoñibles para a obra de teatro infantil –Lázaro de Tormes- deste sábado na Guarda
O vindeiro sábado día 18 de xullo o Auditorio de San Benito será o escenario da representación teatral de “Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para nenos e nenas e que terá lugar ás 20:00h da tarde.
O Concello fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións, para a obra de teatro “Lázaro de Tormes” é preciso inscribirse no Centro Cultural da Guarda (986611850 – centrocultural@aguarda.es), haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.
A representación teatral de “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía Pedras de Cartón, que aterran na Guarda este sábado despois de participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola, esta coñecida peza da literatura que ademáis forma parte do currículo educativo nas escolas.
Unha comedia sen palabras para gozar en familia.
Tag:A Guarda, Actividades, cultura, programación, Teatro, verán 2020