Abertas as inscricións para un Curso de Ximnasia Sénior na Guarda
A Concellería de Deportes do Concello da Guarda oferta un Curso de Ximnasia Sénior para persoas maiores de 65 anos.
O curso levarase a cabo todos os mércores e venres en horario de 11:30h a 12:15h e realizarase na sala de actividades da Piscina Municipal da Guarda.
A actividade ten un custe mensual de 10 € por persoa participante.
As inscricións están xa abertas e as prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición acudindo á OMIX, no 2º andar do Concello da Guarda, na Casa dos Alonsos.
Máis información no 986 61 0000 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es