Aberto o prazo de inscrición do “II Trail do Trega”
Celébrase o 29 de novembro
Aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no “II Trail do Trega” organizado por GALITIMING en colaboración co Concello da Guarda.
Este trail, consiste nunha carreira a pé cunha distancia de 18 km que percorrerá o monte Santa Tegra e os seus arredores, cun desnivel aproximado de 1.100 metros. O mesmo tempo terá lugar una andaina de 10 km.
Este trail celebrarase o 29 de novembro e a saída é dende a explanada do colexio de A Sangriña. A andaina sairá as 9.15 horas e o trail ás 10 horas.
Inscricións
Os interesados poderán inscribirse a través da páxina web www.galitiming.com; enlace no que tamén aparecerá toda a información sobre o trail. Os participantes terán que ter unha idade mínima de 18 anos para poderse anotar.
Os prezos para o trail son, ata o 15 de novembro, 10 euros e dende o 16 ao 26 de novembro, 12 euros. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba. Os que queiran participar na andaina deberán pagar 3 euros.
A recollida dos dorsais será na Sangriña, 45 minutos antes do inicio da proba para os participantes no trail. Será obrigatorio presentar o DNI.
Para os participantes na andaina a recollida dos dorsais pode ser ata 10 minutos antes de que comece a proba.