Abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas anuais para adultos
A partir de hoxe, 5 de setembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) abre o prazo de inscrición nas actividades anuais de aerobic, pilates e multiximnasia, dirixidas principalmente á poboación adulta. Os horarios previstos das actividades son:
- Aerobic: martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas
- Pilates: martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas
- Multiximnasia: luns e mércores de 11:00 a 12:00 horas
Os prezos mensuais son de 20 euros para aerobic, 22 para multiximnasia e para pilates 28,50 euros.
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán dirixirse á OMIX do Concello da Guarda no seu horario de apertura ao público, de 8:00 a 15:00 horas, chamando ao teléfono 986 614 546, ou ben a través de correo electrónico, dirixindo a súa solicitude a información@aguarda.es.
Tag:Actividades, Aerobic, Multiximnasia, OMIX, Pilates