Ábrese o prazo para solicitar as citas para renovar o DNI de setembro a decembro na Guarda
O concello da Guarda informa que todos os que o desexen poderán pedir, a partir do mércores 15 de xuño a súa cita para a renovación do DNI nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro na Guarda.

A próxima semana queda aberto, por tanto, o prazo para solicitar as citas para as renovacións que se realizarán a partir de setembro, xa que non se farán nos meses de xullo e agosto.
O horario para pedir as citas é de 9 ás 13h. E poden pedirse tanto de forma presencial no Concello como chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.