Abril, mes do libro na Biblioteca Municipal
A concellería de Cultura presenta as diferentes actividades que se darán cita durante o vindeiro mes.
Lugar: Biblioteca Municipal. Data: Mes de Abril
Dentro da programación anual que a Biblioteca Municipal está levando a cabo durante este ano para potenciar o uso da mesma por parte da poboación guardesa e coincidindo coas conmemoracións do día do libro infantil e xuvenil o día 2 de Abril e o Día do Libro, que se celebra o día 23 de Abril; se presentan estes proxectos:
Cinema familiar: “O Fabuloso Andersen”
O Sábado 2 de Abril se celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil,coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. Na Biblioteca Municipal de A Guarda queremos celebrar ese día cunha nova cita de cinema familiar para ver a Película Musical de cine clásico “A Fabulosa Historia de Andersen” .A cita será o Sábado 2 de Abril as 17:30 horas no salón de Actos do Centro Cultural.
Cinema “Os Miserables”:
Para celebrar o día do Libro que é o día 23 de Abril, a Concellería de Cultura xunto coa Biblioteca Municipal, queren ofrecer ós veciños da Guarda unha nova sesión de cinema coa proxección da película musical “Los Miserables”.A cita será o venres 22 de Abril as 21 h. no Salón de actos do centro cultural.
“Contos Contados polo Día do Libro”
Como se ven facendo dende o mes de outubro, a Biblioteca celebra a sesión mensual de contos contados do mes de abril. Neste caso para celebrar o Día do Libro, despois do Conto Contados haberá un obradoiro chamado “ANIMATE A LEER”.
A sesión de Contos Contados será esta vez as 11:30 da maña.
“Certame de microrrelatos”
No Mes de Abril e coincidindo cos Días do Libro Infantil e Xuvenil e o Día Do Libro, a Biblioteca Municipal presenta o Certame de Microrrelatos.
O microrrelato é unha construcción literaria narrativa distinta da novela ou do conto. É a denominación máis usada para un conxunto de obras diversas onde a principal característica é a brevidade do seu contenido. O microrrelato tamén é chamado microconto, minificción, microficción, conto brevísimo, miniconto, etcétera.
Dende o día 1 de abril ata o día 12 de abril se poderán presentar os microrrelatos na oficina de cultura do Concello da Guarda en horario de 9 a 14h., no Centro Cultural ou na Biblioteca Municipal en horario de 10h. a 13h. E 17h. a 20h.
O xoves 14 de abril se fará entrega dun agasallo a tódolos participantes neste certame na Biblioteca Municipal as 17h. e se procederá a pór en exposicións todos os traballos recibidos no propio Centro Cultural.
A convocatoria está aberta a todálas idades, e os traballos deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1) Os textos estarán escritos en lingua galega
2) A idade para participar é de 3 anos en adiante, estando aberta a toda a poboación
3) O tema do microrrelato é libre
4) A extensión da obra é de 150 palabras máximo, sen incluir o título
5) Os textos deben ser de autoría orixinal e inédita
6) Os traballos se presentarán en formato papel.