Aprazado o Desfile-Concurso de Entroido da Guarda
As malas condicións climatolóxicas fixeron que o Concello decidise cambiar a data de celebración para a próxima fin de semana. A orquestra YUKATAN actuará, igualmente, na carpa da Alameda a partires das 18 horas.
O Concello da Guarda decide aprazar o Desfile-Concurso de Entroido da vila por mor das malas condicións climatolóxicas. As previsións de chuvia fan que sexa necesario aprazar esta actividade.
A organización informa que este desfile se celebrará a próxima fin de semana, do sábado 13 ou domingo 14 de febreiro. A data será comunicada nos próximos días.
A pesar de que o desfile está aprazado mañá martes na carpa da Alameda dende as 18 horas haberá música da man da orquestra YUKATAN.
O Concello da Guarda quere pedir desculpas polas molestias.