Actividade “Aves na primavera” como cuarta entrega do ciclo medioambiental Sostendo Futuro
O Concello de A Guarda dentro do ciclo mediomabiental Sostendo o Futuro na súa IV edición, organiza para o mes de maio un routeiro chamado ” As aves na primavera”,que está organizada en colaboración coa axencia ambiental Biofhilia.
Esta actividade é para todos os públicos, nela poderemos aprender un pouquiño sobre o fascinante mundo das aves que temos a gran sorte de poder gozar preto.
O lugar de encontro será no observatorio de aves que está na rúa desembocadura do Miño o día 11 de maio as 11 da mañá.
Recoméndase levar prismáticos e roupa axeitada coa climatoloxía.
As persoas interesadas deberán apuntarse para a actividade a través do email, medioambiente@aguarda.es ou do teléfono 986 610 000.