Actividades para conmemorar o Día da Biblioteca na Guarda
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza 4 actividades para conmemorar este ano o día da Biblioteca, que se celebra cada ano o 24 de outubro.
As actividades programadas arrancan o venres 18 de Outubro cun Contacontos ilustrado de Mulleres Galegas, seguido do Contacontos «Unha Árbore vén a vemos» do luns día 21, a actividade «Bibliotecas para mudar o mundo» do xoves día 24 e, xa para rematar, un obradoiro de creación de teatros de papel, que terá lugar o sábado 26 de outubro.
O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.
Na primeira actividade do 18 de outubro Na BPM da Guarda, celebramos este importante día con actividades de animación á lectura durante o mes de outubro co “Contacontos ilustrado Mulleres Galegas” a cargo de Polo Correo do Vento, dun xeito divertido e participativo contan a vida de mulleres galegas: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno e Ángela Ruiz. Un contacontos indicado para nenos e nenas a partir de 3 anos e enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
Programación:
Luns 21 “Unha árbore vén a vernos” (Contos para abrazar ás árbores). Anxo Avelino (Carballo con Botas). Ás 18:00 h.
Xoves 24 “Bibliotecas para mudar o cambio climático”. Efervesciencia. Ás 18:00 h.
Sábado 26 “Obradoiro de creación de teatros de papel”. Juste Kamishibai, Papel e Teatro. Ás 11:30 h.
Tag:A Guarda, Biblioteca, cultura