Adxudicación das obras da rúa Calvario
O Concello da Guarda vén de adxudicar a segunda fase da obra de urbanización e mellora dos servizos existentes da rúa Calvario.
Os traballos desta segunda fase comprenden dende a Praza de Santo Tomás ata a confluencia da Rúa Largo coa Novena Transversal Solanas.
Na actualidade a rúa Calvario ten un firme de asfaltado, un saneamento unitario e un servizo telefónico aéreo. Con estas obras o que se fará será, instalar unha nova rede de abastecemento e de saneamento separativa de augas pluviais e fecais e un novo pavimento de loseta de granito na maior parte da súa superficie.
Orzamento
O presuposto do Concello para estes traballos era de 216.464,16 euros e finalmente se adxudicaron as obras a empresa COPCISA por 162.846,30 euros. Parte do orzamento restante será empregada na dotación de canalización soterrada de tuberías para o servizo eléctrico e de comunicación
O inicio das obras está pendente da formalización do contrato que se fará nos próximos días.