Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do muíño da Guarda
A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER
A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287,34 euros.
A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.
Trátase dun proxecto redactado polo departamento de urbanismo do Concello da Guarda. Os obxectivos desta actuación de mellora do acceso da praia do Muíño son: a recuperación e protección do espazo e a mellora do acceso aos servizos da praia por parte da cidadanía.
O proxecto contempla a construción dunha rotonda para regular o tráfico, darlle continuidade á senda litoral para unila coa fluvial e a creación dunha ampla área de uso exclusivo para as persoas.
Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a ambas marxes do río Miño, a praia do Muíño conta con Bandeira Azul dende hai anos.
Visit Rio Minho, está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.